Xogar contra o último clasificado nunca é fácil. Un partido que non é fácil de gañar e menos a estas alturas da tempada xa que hai dous cousas en xogo: manter o terceiro posto da táboa ou mandar a Preferente definitivamente ao Narón. Un partido que será máis complicado todavía xa que o equipo naronés chegará coa única intención de gañar e agardar unha semana máis para confirmar o seu descenso.
O Narón non pasa por unha boa tempada. Ao igual que o Compos, o equipo da Ferrolterra acaba de ascender esta tempada a Terceira pero non souberon facer un bo equipo e están a unha derrota de tornar á Preferente. Suman só tres victorias ata o de agora, contra Barbadás, Betanzos e Alondras; e sete empates, un deles contra o Pontevedra. Uns números que non melloran se temos en conta que nas doce xornadas que van da segunda volta só suman 5 puntos. A nivel individual hai que ter en conta a Carba, máximo goleador do equipo con 4 goles.
Para este partido, Fredi poderá contar con tódolos xogadores do plantel, polo que o sábado ou o domingo antes do partido coñeceremos os descartados por decisión técnica. Entre os posibles titulares atópanse tres apercibidos de sanción, Manu Rodríguez, Bautista e Diego Peláez. Pola súa parte, o Narón non conta con ningunha baixa.
Na pasada xornada, o Compos remontou na súa visita á Illa de Arousa. Marcos Suárez e Tachi firmaron os dous goles cos que a Esedé superou ao Céltiga para volver á terceira posición da táboa. Pola súa parte, o Narón non puido puntuar na casa ante o As Pontes. Dura derrota en Río Seco por 0-1.
E fai uns meses, na primeira volta, en Narón o Compos non tivo apenas rival. Joselu por partida dobre e Nejc Kolman fixeron os goles cos que o equipo santiagués sumaba a cuarta victoria consecutiva. Un partido no que a mala nota foi a lesión de Franqueira.
Será ademais un partido con reencontros. Marcos Suárez, que se perfila como titular, volverá a verse as cara cos seus ex-compañeiros cos que xogou ata a súa fichaxe polo Compos no mercado invernal. E, como non, será bonito volver a ver en San Lázaro a un dos xogadores da escola do Compos. Juanito, xogador coñecido en toda España despois do seu paso por un bo número de equipos de Primeira e Segunda división nos últimos 21 anos, tempo que leva xogando a nivel profesional.
O partido será este domingo en San Lázaro ás 17 horas e haberá, unha vez máis, desconto para acompañantes de abonados. Asubiará o vigués Arias Penas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario