Xustiza

O Compos e o Alondras remataron sen goles un novo partido onde o Compos debía saír a por todas. Co once habitual desta tempada, a Esedé non puido superar ao equipo de Cangas, o equipo contra o que mellor diferencia de goles pode ter esta tempada despois do partido da primeira volta. Esta vez, no Morrazo, pouco que contar dun partido moi igualado e onde o empate fai xustiza. 
Germán, titular pola lesión de Mariño unha semana máis, tivo a primeira do Compos cun cabezazo directo ao pau despois dunha falta. Sen dúbida a mellor ocasión dun partido sen brillo, sen case nada que destacar. Moi poucas ocasións, as mellores por parte dos locais, que foron de menos a máis no primeiro tempo. 
Por parte do equipo branquiazul, tanto Joselu coma Marcos Suárez buscaron a porta local a base de chegadas polas bandas sen resultados xa que nas moi poucas ocasións que tiveron de probar fortuna ante o cancerbeiro cangués.
Na segunda metade a tranquilidade nas áreas tomou o partido. Nada de perigo, nada de ocasións... Nada que contar de corenta e cinco minutos onde o Compos buscou sorprender a base de velocidade con bos cambios que quizais chegaron demasiado tarde. 
Pouco máis que contar dun mal partido onde os dous repartíronse os puntos sen querer arriscarse e sen complicarse a vida máis do debido. E, por sorte, o Compos mantén así as distancias cos perseguidores grazas aos empates de Pontevedra e Deportivo B, este último na casa contra o líder. 

ALIÑACIÓN: Adrián; Borja, Manuel Castiñeiras, Catú, Jimmy; Germán (Jacobo, min. 82), Gonzalo; Yahvé, Franqueira (Peláez, min. 46); Marcos Suárez (Jordan, min. 73) e Joselu. 
CARTÓNS: Amarelos para Yahvé e Peláez.
GOLES: 0-0.
ESTADIO: O Morrazo. 800 espectadores. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario