O Alondras quere a revancha

Este domingo o Compos ten un partido complicado contra un equipo duro. O Alondras, equipo que recibiu a maior goleada da tempada contra o Compos no derradeiro partido de Anxo Casalderrey na casa. Os de Cangas queren vingarse nun partido onde o equipo santiagués xógase manterse en postos de promoción de ascenso e, se os demais resultados acompañan, sacarse de enriba ao Depor B e o Pontevedra. 
O Alondras ten aínda en mente o 8-3 recibido na primeira volta en San Lázaro nun partido onde Joselu, Martín, Franqueira e Jacobo sumaron dous goles cada un demostrando que o equipo ten suficientes xogadores con gol. Un partido onde os pontevedreses tamén demostraron ter perigo de cara a gol se o rival se relaxa. Sen embargo, na clasificación non están moi ben ocupando a 13ª praza a cinco puntos do Negreira, primeiro equipo dos postos de descenso. Son, ademais, un dos equipos menos goleadores con 27 goles a favor e un dos menos goleados con 34. En canto ao particular, Carlos Campo é o que máis goles leva no equipo con 5. 
Mirando un pouco máis, o Alondras chega despois de sumar 4 dos últimos 15 puntos. En canto aos partidos da casa, sumaron 17 dos 32 puntos que levan ata o de agora grazas a 5 victorias e 2 empates, ademais de 5 derrotas. Sumaron tamén 10 goles a favor, ningún na segunda volta, e 8 en contra.
Para este partido, Fredi deixa na casa a Rendo e Martín por decisión técnica. Ademais mantén as baixas de Nogueira, Tachi, Mariño e Manu Rodríguez por lesión. Pola súa parte, o técnico do Alondras non poderá contar con José Ángel e recupera a Mauro para un partido vital para os dous equipos. 
Esta vez os dous equipos chegan despois de facer algo moi distinto na anterior xornada. A Esedé superou sen demasiados problemas ao Rápido de Bouzas cos goles de Yahvé, Joselu e Gonzalo. Pola súa parte, o Alondras chega de caer por 4-0 en As Pontes nun mal partido dos de Cangas. 
O partido será este domingo ás 5 da tarde, horario habitual, en O Morrazo. Asubiará o coruñés Vázquez García. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario