O Compos demostra un gran nivel baixo presión

O Compos volveu a demostrar un gran nivel na segunda metade contra o Negreira. Un partido onde os santiagueses dominaron prácticamente os noventa minutos e tiveron ocasións suficientes para desfacerse do equipo nicrariense. Sen embargo, na leira de patacas de San Lázaro houbo máis emoción da necesaria e os nosos tiveron que darlle a volta a un partido onde Joselu volveu a ver porta e no que Tachi demostrou unha semana máis a súa gran capacidade para marcar de cabeza.
Na primeira metade o esférico foi totalmente para o Compos. O Negreira agardou atrás ben posicionados en defensa e evitaron que os locais puideran crear ocasións claras de perigo. Ademais Joselu estivo moi ben cuberto sempre que intentou crear perigo pola banda esquerda, onde se topou co ex compostelanista Rego. E tanto el coma Marcos Suárez estiveron sen ocasións claras diante de Ríos. 
Sen embargo, o de Riveira volveu a dar un recital de pases e centros á área onde ou ben os sacou a defensa ou os atopou Yahvé, que demostrou un partido máis ser un dos xogadores máis en forma. O ex do Rápido de Bouzas tivo a mellor ocasión nun man a man co porteiro pero non fixo máis que tirar a dar. Ademais Manu Rodríguez tamén tivo dúas boas ocasións de gol dende lonxe. 
Xa na segunda metade, o Negreira comezou moito mellor. Na piscina na que se converteu o terreo de xogo, os visitantes sorprenderon e superaron a Adrián ante a sorpresa da afección. Pero a afección pasou a ser o xogador número 12 e levou ao equipo directo á victoria, aínda que non era nada fácil xa que non facían falta un senón dous goles. 
Pero o equipo sacou a garra, esa que se lle pide en cada partido, e fixeron corenta minutos espectaculares. Ocasión tras ocasión, chegada tras chegada, o Compos fixo as delicias do respetable cunha segunda metade para recordar. Sen embargo, houbo un "pero". E é que o gardameta do Negreira evitou unha gran goleada freando cada un dos disparos que a Esedé, con Joselu á fronte.
Sen embargo, foi Tachi o que unha vez máis marcou coa súa cabeza que estase a volver máxica. O de Boiro demostrou unha semana máis que por alto non ten rival aproveitando a súa altura e a capacidade para chegar dende atrás e marcar coa testa. De feito e o segundo gol que fai de forma parecida nas dúas últimas xornadas.
Pero un punto estaba claro que sabía a pouco a un equipo que sabía que podía facer máis se mantiña ese gran nivel que fixera nos últimos dez minutos. E a partir dese momento pouco máis se pode contar. Monólogo do Compos ante un Negreira que intentou sorprender á contra aproveitando a velocidade de David Louro, xogador máis adiantado dos nicrarienses. 
O partido agonizaba, o tempo pasaba e o Compos non conseguía o segundo gol. Ata que apareceu el, o mellor dianteiro non só da categoría senón tamén da Galiza. Joselu volveu ao camiño do gol no momento máis preciso e firmou o segundo tanto co que a Esedé mantén as distancias co Pontevedra. Un golazo do mellor xogador de Terceira dentro da área. Un gol con forza, con esa forza que cada fin de semana nos demostra Joselu.
Unha victoria, tres puntos, e a pensar no Céltiga, rival do xoves na Illa de Arousa. 

ALIÑACIÓN: Adrián; Borja, Castiñeiras, Tachi, Jimmy; Gonzalo, Germán (Jordan, min. 49); Yahvé, Manu (Mariño, min. 81); Marcos (Peláez, min. 73) e Joselu.
CARTÓNS: Amarelos para Germán e Tachi.
GOLES: 0-1 49' G. Suárez, 1-1 60' Tachi, 2-1 85' Joselu. 
ESTADIO: San Lázaro. 600 persoas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario