O colexiado e o tempo marcan o partido

O Compos recuperou o camiño á victoria contra o Betanzos nun novo partido marcado pola mala actuación arbitral. Unha semana máis, o de negro foi o encargado de volver a facer das súas contra os nosos expulsando a Martín e sen pitar numerosas faltas por parte dos visitantes. Catú, titular xunto con Tachi no centro da defensa, firmou o único gol do partido no que Joselu puido gozar das mellores ocasións as veces que puido desfacerse dos numerosos agarróns betanceiros.
O Betanzos chegou a Santiago cunha única intención: empatar. Non xogaron a nada, nin sequera quixeron a posesión do esférico. Pola súa parte, o Compos buscou dende o comezo un gol co que alonxar os malos espíritus que sobrevoan por San Lázaro dende o comezo da segunda volta. Todo estaba ben feito, o guión previsto era realidade e só faltaba por perfeccionar o remate de cada unha das xogadas. 
E é que o Compos chegaba á porta rival sen problemas ante unha defensa un tanto débil. Sen embargo, a entrada na área rival era de todo menos fácil xa que a defensa fixo todo o posible por frear aos xogadores branquiazuis. Entradas e agarróns ante a pasividade do árbitro que aos visitantes, unha vez máis, permitiu todo o posible e máis.
Xa na segunda metade, despois dun primeiro tempo máis ben tranquilo, o Compos puxo a directa e en menos de dez minutos chegou o gol que logo significaría a primeira victoria do equipo nesta segunda volta. Comezou grazas a unha falta que bota Mariño dende máis de trinta metros e na frontal da área pequena aparece Catú para poñer o balón moi lonxe do alcance do porteiro. Un golazo do '5' para poñer en pé o coliseo santiagués unha vez máis. 
A partir de aí, o Betanzos volveu a facer todo o posible para achegarse á portería defendida por Adrián. Un gran número de entradas polas que ben puideron rematar o partido con algún xogador menos. Pero a sorte e o colexiado aliáronse cos betanceiros e gozaron das mellores ocasións, aínda que sen perigo, dos últimos minutos do partido.
E xa no desconto chegou a bomba do partido. Martín intentaba defender unha saída de balón pola banda dereita e o rival tirouse ao notar un mínimo toque do extremo branquiazul. Como resultado do teatro feito polo xogador visitante, Martín non poderá xogar en Abegondo ante o Fabril por expulsión. Cartón vermello máis que inxusto que demostra unha vez máis as poucas ganas por parte da Federación por ver ao Compos loitando polo ascenso a Segunda B.

ALIÑACIÓN: Adrián; Borja, Catú, Tachi, Jimmy; Gonzalo, Mariño; Peláez (Marcos Suárez, min. 68), Jacobo (Martín, min. 57), Jordan (Franqueira, min. 77); e Joselu. 
CARTÓNS: Amarelos para Peláez e Mariño. Expulsado Martín por cartón vermello directo.
GOLES: 1-0 53' Catú.
ESTADIO: San Lázaro. Moi pouca entrada e moito frío. 500 persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario