Empate con dez

O Compos non puido facer máis para evitar un novo empate a domicilio. Volta á senda dos puntos, despois de dúas derrotas consecutivas ante o equipo revelación da categoría, nun partido moi disputado, con ocasións en ámbalas dúas porterías e con grandes intervencións dos dous gardametas. Joselu volveu a faltar á súa cita co gol pero non foi por falta de intentos... Pola súa parte, Tachi agradeceu a titularidade cun gol máis que importante. 
A Esedé chegou a San Pedro sabendo que de puntuar poñerían terra de por medio cos principais perseguidores, que pincharon todos. Pero o Vilalonga, con ganas de alonxarse dos postos de descenso, puxo máis ganas e nos primeiros intres de partido puxo o xogo sobre o terreo de xogo. O xogo e as ocasións a balón parado. 
Pola súa parte, os santiagueses intentárono a base de contragolpes e pases a Joselu e Marcos Suárez, que foi titular. A falta de definición no primeiro tempo por parte dos dous dianteiros do equipo puido ser determinante de cara á segunda metade. Ademais, o colexiado encargouse de poñer a polémica do partido na derradeira ocasión do primeiro tempo ao non sinalar penalti nunha falta sobre Joselu dentro da área local.
Xa na segunda metade o Vilalonga mantivo a intensidade do primeiro tempo e foron recompensados moi cedo cun gol de Machu. Un cabezazo despois dunha serie de imprecisións en defensa dos nosos ante o que nada puido facer Adrián para evitar o gol dos celestes. 
Co marcador en contra, o Compos buscou con máis intensidade a portería local e en pouco máis de cinco minutos chegou o empate, merecido. Mariño bota unha falta, ninguén saca o balón da área e aparece Tachi para firmar o seu primeiro gol da tempada e avisar aos rivais que aquí non só Joselu marca.
E lonxe de mellorar sobre o terreo de xogo, o colexiado expulsou a Manuel Castiñeiras por dobre amonestación, sendo a segunda máis que dubidosa, rigurosa e evitable. Un gol que fixo que Fredi tivera que reformular o esquema de xogo. Tivo que deixar a un lado a opción de facer un novo cambio ofensivo e dar minutos a Catú, suplente. Sen embargo, Joselu puido sorprender a falta de poucos minutos cun disparo que atallou sen problemas o gardarredes local. 
Reparto de puntos entre os dous equipos, o Compos mantén a terceira praza superando en un punto ao terceiro e o Villalonga cae ata a décimo sétima, postos xa de descenso á Rexional Preferente, debido á victoria do Negreira, onde destacou o ex compostelanista David Louro con dous goles. E agora a pensar no Betanzos, ante o que non poderá estar Manuel Castiñeiras.

ALIÑACIÓN: Adrián; Rendo, Tachi, Manuel Castiñeiras, Jimmy; Mariño, Gonzalo; Marcos Suárez (Martín, min. 82), Peláez (Catú, min. 75), Jordan (Jacobo, min. 45); e Joselu. 
CARTÓNS: Amarelo para Jordan. Expulsado por dobre amonestación Manuel Castiñeiras.
GOLES: 1-0 52' Machu, 1-1 58' Tachi.
ESTADIO: San Pedro. 600 afeccionados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario