A promoción en xogo

Logo de dúas derrotas moi dolorosas, o Compos terá unha nova saída complicada na que a promoción estará máis en xogo que nunca. As dúas derrotas fixeron que os de Fredi ocupen agora a terceira posición pero cos mesmos puntos que o cuarto e o quinto clasificados, polo que o que non sexa gañar podería facer que o equipo caese como mínimo ata o quinto posto... e ata o sétimo no peor dos casos. 
Diante estará o Villalonga. O equipo pontevedrés recibirá á Esedé despois dunha mala xeira de resultados que fixeron que o equipo revelación ocupe agora un posto perigoso xa que igualan a puntos ao Negreira, primeiro equipo no descenso. 23 puntos sumou ata o de agora o ex equipo do noso ex capitán Roberto Piñeiro. 5 victorias, a última na xornada 12 contra o Cerceda; 8 empates, 6 deles nas últimas 10 xornadas, e 9 derrotas. Estamos a falar ademais dun equipo que só sumou 6 dos últimos 30 puntos posibles grazas a seis empates. O quinto equipo menos goleador con 20 goles a favor pero que tampouco encaixou moitos goles: 25 no que vai de tempada.
En canto ás baixas, o Compos chegará un tanto perxudicado. Franqueira, Nogueira, Manu Rodríguez e Yahvé non poderán estar no campo por lesión mentres que Borja Facal perderase o partido por sanción despois de ver ante o Racing o seu quinto cartón amarelo. Sen embargo, volve Mariño despois dun partido sancionado. Pola súa parte, o técnico do Villalonga poderá contar con todos, uncluido o ex do Compos Uru, menos Javi por problemas de saúde. 
Será un partido bonito para dous xogadores, un por equipo. E é que Tachi voltará á que foi a súa casa nas últimas campañas. Mentres que o Villalonga reforzou a súa dianteira coa fichaxe de Uru, que fai un mes deixou a entidade branquiazul. 
O partido será este domingo ás 17 horas no campo de San Pedro. Asubiará o colexiado vigués Rey Simons. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario