A Esedé tivo o esférico durante gran parte do encontro pero a velocidade foi a gran protagonista do encontro. Así que o partido pode resumirse en que o Compos mantivo o seu xogo de toque con calma e buscando a Joselu sempre que foi posible mentres que os locais limitáronse a buscar as ocasións polas bandas gañando en velocidade tanto a Jimmy como a Borja Facal.
De feito, pola banda de Jimmy chegaron as mellores ocasións do Fabril xa que Álvaro Lemos superou ao lateral branquiazul en velocidade en varias ocasións durante todo o partido. E así chegou o primeiro gol do partido a cinco minutos do fin do primeiro tempo. Un gol que chegou tras unha falta moi mal defendida que o xogador local aproveitou para gañar en carreira e superar a Adrián cun bo disparo.
Na segunda metade o partido perdeu intensidade debido a tódalas interrupcións debido tanto ás actuacións dos xogadores locais como dende a grada. Actuacións que custaron numerosos cartóns para xogadores do Compos, algún que outro inmerecido.
Entre interrupción e interrupción chegou o segundo gol do Fabril. De novo pola banda chegou unha nova xogada, un centro dende a dereita e Dani Iglesias superou a Adrián a falta de media hora. Media hora na que Joselu intentou todo o que estivo na súa man por remontar o partido aínda que sen a puntería que tivo durante toda a primeira volta.
E xa co partido sentenciado, unha man de Tachi dentro da área desembocou no penalti que Víctor transformou firmando o 3-0 definitivo.
Así chegou a derrota máis abultada do Compos nesta tempada nunha xeira moi mala de resultados na que só puidemos ver unha victoria, a semana pasada na casa contra o Betanzos, no que vai de segunda volta. O único bo e que mantense o terceiro posto pero unha derrota contra o Rápido de Bouzas podería custar un posto na promoción de ascenso.
ALIÑACIÓN: Adrián; Borja, Castiñeiras, Tachi, Jimmy; Gonzalo, Mariño; Marcos Suárez (Franqueira, min. 64), Peláez (Rendo, min. 88), Jacobo (Jordan, min. 54); e Joselu.
CARTÓNS: Amarelos para Mariño, Peláez, Gonzalo, Tachi e Adrián.
GOLES: 1-0 39' Lemos, 2-0 60' Dani Iglesias, 3-0 87' Víctor.
ESTADIO: O Mundo do Fútbol. 1.200 persoas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario