A levantar o voo

O Compos ten este domingo outro duro enfrontamento contra o Rápido de Bouzas, un histórico do fútbol galego. Un partido para que os santiagueses poidan saír desa mala xeira de resultados pola que pasan dende o comezo da segunda volta. Unha mala segunda volta na que está en perigo o terceiro posto e, incluso, un posto na promoción de ascenso a Segunda B.
O rival deste domingo é o Rápido de Bouzas. O case centenario equipo vigués chegará a San Lázaro coa intención de manter o bo camiño despois de dúas victorias consecutivas e tres xornadas sen coñecer a derrota. Un equipo que ocupa a undécima posición na táboa con 34 puntos, a 7 da promoción de ascenso e a 10 do descenso conseguindo o xusto e necesario para manterse na parte tranquila da clasificación. Un equipo que ata o de agora suma 9 victorias, 7 empates e outras 9 derrotas. Ademais, como visitantes sumaron ata o de agora 15 puntos: 4 victorias, 3 empates, un deles contra o Celta B, e 6 derrotas. Sen olvidar que lonxe da casa só anotaron 12 goles e recibiron 20.
Un partido que podería servir de revancha xa que na primeira volta, os vigueses gañaron 2-1 á Esedé, gol que anotou Gonzalo de penalti para adiantar aos nosos. Un partido no que, ademais, a última incorporación do Compos Yahvé marcou o gol que significou a victoria dos locais, tamén dende os once metros. Un partido onde Joselu non puido participar por sanción. 
Para este partido as baixas coas que ten que contar Fredi son as de Manu Rodríguez e David Nogueira, os dous por lesión, pero recupera a Martín despois de que o comité de apelación lle retirase un partido de sanción ao extremo branquiazul. Pola parte visitante non estarán en San Lázaro Marcos, Jacobo, Pardavila, Chema nin Cotilla.
En canto ao partido anterior, todos sabemos da derrota dolorosa do Compos en terras coruñesas por 3 goles a 0. Mentres que o Rápido de Bouzas sumou os tres puntos no Baltasar Pujales ante o As Pontes. 1-0 con gol de Rubén García de penalti.
O partido será este domingo ás 17 horas en San Lázaro e cada socio poderá levar a un acompañante por 5 euros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario