Visita de Reis

No día de Reis, o Compos terá que visitar ao As Pontes no primeiro partido do 2013, un ano que estaría ben recordar por un novo ascenso a Segunda B. Un partido complicado contra un equipo que loita por estar entre os catro primeiros clasificados e no que o Compos podería, de perder o domingo, caer ata o cuarto posto, algo que só é un dato a ter en conta. 
O As Pontes comeza o ano desde a quinta posición e coa cuarta á vista. Un equipo que está facendo unha gran tempada, algo que non se agardaba fai uns meses. Último partido da primeira volta contra o equipo que enfrontou durante toda a tempada aos equipos que a semana seguinte tiveron que verse as caras coa Esedé. Un equipo que recibirá en O Poboado ao Compos desde a quinta posición con 30 puntos no casilleiro despois de gañar 9 partidos, empatar 3, un deles contra o Celta B, e perder outros 6. Un equipo que suma ata agora 30 goles, sendo o quinto equipo máis goleador da categoría, pero que encaixou 26, sexto equipo que máis goles recibiu. Ademais contan con Bossa nas súas filas, máximo artilleiro do equipo con 7 dianas. 
Para este partido, Fredi intentará contar con Jordan, última incorporación da Esedé que entrou na primeira convocatoria do ano. Non poderán comezar o 2013 sobre o terreo de xogo Franqueira, Nogueira, Germán, Nejc Kolman e Christian por lesión e Rendo e Tachi por decisión técnica polo que Catú apunta a ser o compañeiro de Manuel Castiñeiras no centro da defensa. Pola súa parte, Troncho non poderá defender as cores do seu equipo tras ter que deixalo por motivos extradeportivos. 
O Compos chega a este partido con menos tempo de descanso que o rival xa que chegan de xogar ese partido benéfico fai só oito días. Un partido que foi un amigable pero no que xogadores como Jordan tiveron unha boa actuación. Pola súa parte, o As Pontes chega de gañar fóra da casa por 0-2 ao Somozas, vindeiro rival dos nosos na casa. 
O partido será en O Poboado mañá domingo ás 16 horas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario