Dende o principio, o Compos dominou o partido. E tanto Joselu como Martín puideron gozar de moi boas ocasións, e numerosas, para ir por diante xa ao final do primeiro tempo. Diante había un equipo moi ben ordeado pero que en todo o encontro non puido atopar con perigo a portería de Adrián. De feito, en todo o primeiro tempo o gardamallas coruñés da Esedé non tivo que preocuparse de nada xa que a defensa compostelanista tivo un bo día e o contrario a dianteira azulona.
Na outra parte do campo, Joselu e Martín tiveron un gran número de ocasións para levar ao equipo por un camiño un tanto diferente de cara á segunda metade. Pero ningún dos dous puido superar a Kiko, que tivo unha boa tarde. Ademais, e para completar un primeiro tempo de infortunios, Martín tivo que deixar o terreo de xogo mancado para dar así a ocasión a Jordan de ter os seus primeiros minutos en partido oficial.
Xa no segundo tempo, o As Pontes saiu cunha nova mentalidade. Sabedores de que a victoria podería decantarse de calqueira lado, os azulóns melloraron notablemente e buscaron moito máis a portería de Adrián, aínda que sen demasiada sorte. E nunha destas, nun man a man fóra da área, Adrián derrubou a un rival. Como solución para o colexiado... deixou ao Compos cun menos.
Aínda con dez sobre o terreo de xogo, a superioridade branquiazul foi total pero o gol que mereceu Joselu durante os noventa minutos reglamentarios non chegou ata o tempo engadido. Gol que chegou tras un erro defensivo que aproveitou o dianteiro de Riveira, foise doutro defensa e superou ao gardameta local para dar tres puntos de ouro ao Compos, que perde o segundo posto polo número de goles a favor que separan a Compos e Celta B.
ALIÑACIÓN: Adrián; Borja, Castiñeiras, Catú, Jimmy; Mariño, Gonzalo; Jacobo (Álex, min. 65), Louro (Manu Rodríguez, min. 76), Martín (Jordan, min. 40); e Joselu.
CARTÓNS: Amarelo para Manu Rodríguez. Expulsado por cartón vermello directo Adrián.
GOLES: 0-1 91' Joselu.
ESTADIO: O Poboado. 200 espectadores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario