O Compos xa fixo oficial unha nova fichaxe de cara á segunda volta da tempada. Falamos dun novo dianteiro de calidade que xa debutou en San Lázaro o pasado sábado no partido benéfico ocupando o posto de Diego Franqueira á media hora de partido.
Jordan chega despois de tempada e media no Celta B entre Segunda B e Terceira e de debutar na 2010-11 co Ourense, o seu primeiro equipo a nivel profesional. Formado nas categorías inferiores do Ourense, Jordan xa sabe o que é xogar en Segunda B, onde o fixo xa co filial celeste a pasada campaña, a pesar da súa idade: 21 anos.
Extremo que chega para dar profundidade e verticalidade ao xogo da Esedé e poder substituir así a Franqueira cando este o precise. Ademais trátase dun xogador con capacidade goleadora e que, como quedou demostrado o sábado, sabe tirar penaltis aínda que sexa ao Panenka.
Ademais, o ourensán chega para cubrir a baixa que deixa Uru. O canteirán do Celta deixa o Compos despois de media tempada na que non conseguiu demostrar o seu nivel e a súa valía.
Así que, para rematar, hai que dar a benvida a Jordan á familia branquiazul e desexar toda a sorte a Uru no seu futuro no fútbol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario