Diferente horario, diferente campo... ¿diferente Compos? Esa é a dúbida que nos deixou Fredi en rolda de prensa de cara ao partido contra o Dorneda deste domingo. E é que o campo de Oleiros e máis pequeno que San Lázaro e fará que a Esedé teña que cambiar o seu estilo de xogo e posiblemente tamén o equipo. Sen embargo, Fredi intentará facer todo o posible para manter esa condición de invicto fóra da casa desde a súa chegada ao Compos.
O rival deste domingo será o Dorneda. Un equipo da zona baixa da clasificación que loita por non caer nos postos de descenso e salvar a categoría unha temporada máis. Decimosextos na táboa, os de Oleiros recibirán ao Compos con 22 puntos, só un máis que o Villalonga, o primeiro equipo que ocupa os postos de descenso. 6 victorias, 4 empates e 10 derrotas no casilleiro dos oleirenses. Uns resultados que melloran se miramos os seus resultados xogando na casa: 4 derrotas, 3 victorias e 2 empates. Un equipo que ademais, e para rematar coas estadísticas, suman 19 goles a favor, 4 deles de Chequi confirmándose así como o xogador máis anotador do equipo, e 29 en contra. Ademais suman 8 dos últimos 12 puntos posibles... algo que fai un pouco máis complicado o partido.
Para este partido, Fredi non poderá contar con Nogueira, Franqueira e Martín por lesión e Gonzalo por sanción. Catro baixas entre as que non se atopa a de Adrián, que volverá despois da sanción. Pola súa parte, no Dorneda non poderá estar Elmer por sanción despois de ser expulsado no partido contra o As Pontes.
O Dorneda chega despois de gañar en As Pontes por 1-2 grazas a un doblete de Chequi no primeiro cuarto de hora de xogo. Mentres, e como todos sabemos, o Compos chega despois dun empate contra o Somozas, un dos empates máis dolorosos posibles.
Este domingo o partido será ás 12 da mañá en O Condús e arbitrará o colexiado Díaz Álvarez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario