Un partido bo que o Compos tivo que gañar e puido facelo ata o último momento. De feito, Joselu puxo por diante os locais en menos de dez minutos. Puido sumar o seu vixésimo primeiro gol da tempada dende os once metros e facer así o primeiro da tarde moi cedo e así afrontar o partido con algo máis de tranquilidade sabendo que de facer todo ben os tres puntos estarían máis preto.
Coa motivación por sumar unha nova victoria, o Compos buscou máis a portería de Paco confiando na fame de Joselu por facer goles e facerse un oco na historia do equipo como un dos xogadores que máis goles fixo vestindo a camiseta da Esedé. Pero o de Riveira non foi capaz de volver a superar ao gardamallas visitante.
Á volta do descanso o ritmo do partido non mellorou. Un mal partido, aburrido para os afeccionados, ao que faltou un segundo gol do Compos nalgunha das chegadas de Joselu, que por momentos parecía ser a diana dos seus rivais á hora de facer faltas, única maneira de parar ao máximo goleador da categoría.
Sen embargo, o Somozas si mellorou e puxeron en apuros a Christian con mellores xogadas canto máis íase consumindo o partido. E despois de tres ocasións nas que o arxentino tivo que impoñerse chegou un gol máis que doloroso. Gol de Carlos co tempo xa cumprido para empatar o segundo partido consecutivo na casa do Compos e igualando ao feito contra o Pontevedra, onde o partido parecía estar gañado pero rematou cun inxusto empate.
Para facer válido o empate, Adrián voltará a semana que ven contra o Dorneda lonxe de San Lázaro.
ALIÑACIÓN: Christian; Borja Facal, Castiñeiras, Catú, Jimmy; Gonzalo (Tachi, min. 88), Jacobo Tato (Mariño, min. 61); Manu Rodríguez, Louro, Jordan (Peláez, min. 74); e Joselu.
CARTÓNS: Amarelos para Louro e Facal.
GOLES: 1-0 8' Joselu, 1-1 92' Carlos.
ESTADIO: San Lázaro. Algo máis de 500 afeccionados.

Ningún comentario:
Publicar un comentario