Primeiro partido en San Lázaro do 2013

Nunha semana un tanto rara polos rumores dunha posible marcha de Joselu ao fútbol asiático e a marcha de Nejc Kolman a Eslovenia por problemas familiares, o Compos xogará o seu primeiro partido en San Lázaro neste 2013. Partido importante contra un equipo que loita por estar entre os catro primeiros clasificados: o Somozas. Rival complicado para un gran partido na busca de manter dúas xeiras positivas de resultados. 
E é que o Somozas descoñece a derrota lonxe da súa casa sumando 5 victorias e 5 empates. 20 puntos colleitados fóra de Pardiñas que case doblan aos conseguidos na casa: 11. Un equipo que mellora considerablemente nas súas saídas e grazas a iso agora ocupan a quinta posición da clasificación con 31 puntos de 57 posibles tras unha boa primeira volta na que, en total, suman 25 goles a favor e 18 en contra. Ademais, teñen de bo que eses 25 goles están ben repartidos entre varios xogadores e así o demostra a táboa de goleadores da categoría onde para atopar ao máximo artilleiro do Somozas hai que baixar ata atopar a Carlos García, con cinco goles ata o de agora. 
O partido promete emocionante xa que o Compos tampouco firmou ningunha derrota na casa no que vai de tempada. Dúas grandes xeiras de resultados importantes e hai que ter en conta que dende a chegada Fredi, a Esedé descoñece o que é a derrota e, fóra da casa, calqueira cousa que non sexa gañar. Sen embargo, isto non parece que vaia ser unha repetición do partido co que comezou a Liga no que o Compos conseguiu saír de Pardiñas cun empate a un gol. Naquel encontro, Martín adiantou aos branquiazuis mentres que, a falta de cinco minutos, Berros puxo o empate no marcador. 
Para este encontro, Fredi non poderá contar con Germán, Nogueira, Franqueira e Martín por lesión, polo que Jordan podería saír de inicio, e Adrián por sanción, o que podería facer que Christian volva ao once. Pola súa parte, Dani Garcia, Ayala e Denis serán baixa por lesión, Pablo Berros por sanción e Míchel Alonso será dúbida ata última hora.
O partido será este domingo ás 17 horas en San Lázaro e asubiará o colexiado coruñés Espasandín Cores. Para os acompañantes dos socios compostelanistas, as entradas estarán a 5 euros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario