Outro grande que se despide

Nejc Kolman deixa o Compos despois de ano e medio. O ex internacional sub 16 con Eslovenia volverá ao seu país por motivos familiares graves. Un dos, sen dúbida, xogadores que deixarán pegada en San Lázaro tras demostrar un gran nivel sempre que tivo ocasión. Un dos xogadores máis importantes para o ascenso a Terceira pero que esta tempada non puido gozar dos minutos precisos para un xogador do seu nivel.
O esloveno deixa o Compos despois de sumar dous goles no que vai de tempada. O terceiro contra o Narón e o primeiro contra o Villalonga, dous goles que avalan a un xogador que presume dun nivel superior ao da Terceira división española pero que nesta campaña só puido contar con 420 minutos, algo inferior ao que merece e o que tivo na súa primeira tempada na Esedé.
De cara ao seguinte partido, Nejc xa non estará en Santiago xa que o clube buscoulle un voo para o antes posible e que así puidera volver a Eslovenia a xunto da súa familia.
Unha mala nova que o xogador anunciou onte no adestramento deixando sorprendidos a todos e que o clube fai hoxe oficial nun comunicado na web oficial. Nel inclúen tamén as últimas palabras de Kolman como xogador do Compos: "Agradezo á directiva e corpo técnico da SD Compostela que confiasen en min durante este ano e medio e me desen a posibilidade de xogar. Aquí desenvolvinme deportivamente. Foi un ano e medio cheo de gratas experiencias, como o ascenso a Terza logrado a tempada pasada. Voume triste por todo o que aquí queda pero agora debo interromper a miña carreira deportiva para centrarme na miña familia".
Dende aquí só me queda agradecer a Nejc Kolman o feito neste ano e medio e desexar sorte a un dos grandes talentos que pasaron por San Lázaro nestes últimos anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario