O Barbadás volve a cruzarse no camiño do Compos ao igual que o fixo no último partido da pasada tempada. Os dous líderes da Preferente do ano pasado volven verse as caras en San Lázaro seis meses máis tarde do partido polo título de Preferente, que como sabemos levouse o equipo branquiazul aínda con Maikel, Roberto Piñeiro, Penas, Garabal, Imanol, Paco e compañía no equipo.
Pero seis meses despois volven verse as caras pero desde diferentes escalóns. Segundo contra décimo terceiro. O segundo equipo máis goleador contra o sétimo menos goleado... Estadísticas favorables para un Compos que recibirá ao equipo ourensán despois de só deixar saír dous puntos de San Lázaro contra dous rivais directos e que está claro que loitará ata o fin dos noventa minutos por manter o segundo posto da táboa, mellor posto neste momento se o Racing de Ferrol non levanta o pé do acelerador.
O Barbadás chega a San Lázaro despois de empatar na casa contra o As Pontes, outro dos equipos a ter en conta por un posto na promoción de ascenso e que dende o cuarto posto mira de reollo á Esedé, equipo co que comparte o mesmo número de puntos. O equipo da provincia de Ourense suma ata o de agora 20 puntos despois de conseguir 5 victorias, 5 empates e 5 derrotas nas primeiras 15 xornadas. E ademais suman 16 goles a favor e 16 en contra, números un tanto curiosos. Pero fóra da casa só sumaron unha victoria contra o Rápido de Bouzas na terceira xornada. 3 empates máis e 3 derrotas confirman ao próximo rival do Compos como un equipo ante o que Joselu e compañía non deberían ter demasiados problemas para superar.
En canto ás baixas, o Barbadás chega coa de Jorge Regal por sanción. Pola súa parte, Fredi non poderá contar con Diego Peláez, xa no treito final da recuperación, e Jimmy, que non poido adestrar ao longo da semana por febre. Ademais Franqueira será dúbida ata o último momento.
O partido será este sábado ás 17 horas en San Lázaro. E poderemos gozar dun gran desconto: cada socio poderá levar a un amigo totalmente gratis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario