Un Clásico en San Lázaro

Este domingo poderemos ver en San Lázaro un clásico do noso fútbol. Dous equipos galegos históricos que loitan ademais por estar entre os catro primeiros. Sen embargo, o Compos é o único que está onde quería xa que o Pontevedra ocupa a sexta posición. Un partido importante contra un grande que non se pode escapar ao equipo de Fredi, que de momento suma tódolos seus partidos por victorias.
O Compos é terceiro e podería rematar a xornada como segundo, pero para iso non depende de se mesmo. A tres puntos do Celta B, os branquiazuis reciben ao Pontevedra sabendo que a derrota provocaría un cambio importante na táboa xa que entre o terceiro e o oitavo só hai tres puntos de diferencia. Pola súa parte, o Pontevedra é sexto a só un punto da promoción e a dous do Compos.
Un partido que, ademais, será un bo momento para ver aos dous máximos goleadores da categoría. Joselu, con 16 goles no seu casilleiro, terá diante a Santi Domínguez, con 8 goles no que vai de tempada.
O Pontevedra chegará a San Lázaro despois de golear ao As Pontes en Pasarón con dobletes de Santi Domínguez e Jacobo. Ademais, os granates chegan despois de sumar seis victorias, tres empates e catro derrotas. 17 goles a favor e 16 en contra, é un dos equipos máis goleados dos quince primeiros clasificados. Por contra, contan co segundo maior artilleiro da categoría: o dianteiro de Bueu Santi Domínguez.
En canto ás baixas, Fredi volve a ter problemas e esta vez máis serios. Rendo e Franqueira, que estaban sendo titulares nos últimos partidos, non poderán estar este domingo sobre o campo. O defensa cae da convocatoria, ao igual que Tachi, por papeiras. Pola súa parte, Franqueira non se recuperou da lesión sufrida en Narón. E Diego Peláez aínda segue coa súa recuperación, xa máis preto do seu regreso aos terreos de xogo. Pola súa parte, Milo Abelleira non conta con baixas pero si coas dúbidas de Lloves, Sestelo e Iago Paz, os tres que pasaron a semana entre algodóns. 
O partidazo da xornada repetirase tres anos máis tarde. A última vez que se viron as caras, en Segunda B, o Campus Stellae caeu en San Lázaro por 1-3 con goles de Iván para os nosos. Ademais nese partido estiveron Jimmy, Catú e Gonzalo, actualmente nas filas da Esedé e que poderían estar de novo no once o domingo.
O partido será este domingo en San Lázaro ás 17 horas, media hora máis tarde que os últimos partidos. E arbitrará o partido o colexiado vigués Extremadura Hernández, que aínda non arbitrou á Esedé esta tempada. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario