Coa sorpresa do horario para este domingo aínda na cabeza, o Compos terá que enfrontarse co Celta B nun dos mellores partidos da tempada. Despois da mala arbitraxe do pasado domingo en San Lázaro contra o Pontevedra, os nosos poderán facer válido o empate contra os granates e o empate do filial celeste en As Pontes.
O que será sen dúbida o mellor partido da xornada entre o segundo e o terceiro clasificado, algo que podería cambiar dependendo do resultado. Os vigueses suman só tres puntos máis que a Esedé e ocupan a segunda praza da clasificación, algo que cambiaría de consumarse unha nova victoria branquiazul confirmando o bo estado do equipo dende a chegada de Fredi ao cargo. Suman ata agora 8 victorias, 3 empates e 4 derrotas. E, ademais, poden presumir de ser o segundo equipo que menos goles recibiu ata agora, só 10, e ser o terceiro equipo máis goleador da categoría por debaixo de Racing e Compos, con 26 goles a favor. E, ademais, contan nas súas filas con David Añón, autor de 7 dos 26 tantos do conxunto olívico.
En canto ás baixas, Fredi mantén a de Diego Peláez, Rendo, Franqueira e Tachi por lesión e Uru por decisión técnica. Pola súa parte, Moreira apunta a ser a única baixa do Celta B nesta xornada.
Ao igual que contra o Pontevedra, este partido será una reedición do de fai xa tres tempadas en Segunda B. Daquela, con Catú, Jimmy e Gonzalo no once, a Esedé caeu por 2 goles a 0 con goles de Oriol Riera, agora mesmo nas filas do Alcorcón en Segunda división, e Álex López, titular no primeiro equipo do Celta en Primeira división.
O partido será nun horario moi estraño para tratarse dun partido de fútbol profesional en España. Xa que o primeiro equipo do Celta xoga o mesmo domingo contra o Levante ás sete da tarde, o partido en Barreiro será ás 15:45 horas. E, para rematar, o colexiado será o catalán Calle Martínez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario