O Compos saíu a dominar o partido dende o comezo. Ante un equipo que pouco máis puido que defender, os de Fredi tiveron o dominio case total do esférico nos primeiros corenta e cinco minutos. Sen embargo, a defensa do Céltiga impediu que o Compos puidera chegar con perigo. Chegadas pola banda de Borja Facal, ocasións por parte de Franqueira e un bo disparo de Joselu. Pouco máis se puido ver no primeiro tempo por parte.
Pola súa parte, o Céltiga case non tivo o esférico e o gardameta tivo que facer algunha boa estirada para evitar o primeiro dos nosos. Sen embargo, chegaron sen problemas ao tempo de lecer sen encaixar ningún gol... e sen crear ocasións sobre a portería defendida por Adrián.
Na segunda metade todo foi igual. O Compos meteu ao rival case na súa área. As ocasións comezaron a sucederse sobre a portería defendida por Vila e en oito minutos chegou o primeiro gol. Pase de Mariño, que fixo un partido completo, e Joselu, despois de sacarse de enriba a dous rivais, dispara e abre o marcador. Un gol máis para un dianteiro que está a un gol de superar os 14 que fixo Roberto Piñeiro na pasada tempada en Preferente, conta que xa igualou.
E só dous minutos máis tarde volveu a aparecer Mariño, esta vez para marcar. Córner que bota Gonzalo, que fixo un bo partido no centro do campo, e gol do santiagués para facer o primeiro na súa conta esta tempada e pechar o partido.
Na última media hora, o Compos puido facer algún máis ante un equipo que foi a menos. Sen problemas para a defensa branquiazul, o colexiado non pitou un penalti na área rival, o que puido significar o terceiro gol.
Cos tres puntos xa na casa, toca pensar no Narón, próximo rival do Compos fóra da casa. Visita ao último clasificado para sumar a cuarta victoria consecutiva, a segunda lonxe de San Lázaro e, se os resultados acompañan escalar un ou dous puntos e recortar, se é posible, terreo ao Racing de Ferrol, líder da categoría.
ALIÑACIÓN: Adrián; Borja Facal, Manuel Castiñeiras, Rendo, Jimmy (Bautista, min. 75); Gonzalo, Mariño; Manu Rodríguez (Nogueira, min. 62), Jacobo Tato, Franqueira (Kolman, min. 81); e Joselu.
CARTÓNS: Amarelo para Gonzalo.
GOLES: 1-0 53' Joselu, 2-0 55' Mariño.
ESTADIO: San Lázaro. Case 1.000 persoas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario