O 29 de decembro terá lugar en San Lázaro un partido benéfico no que o Compos enfrontarase a un combinado de xogadores galegos de Primeira división, Segunda, Segunda B e Terceira. De momento, só Depor, Racing de Ferrol, Negreira, Cerceda, Céltiga e Rápido de Bouzas confirmaron a presencia de xogadores para o combinado que dirixirá Fernando Vázquez, ex adestrador do Compos en Primeira.
O partido servirá, ademais de para axudar a diferentes entidades benéficas, para que a afección poida disfrutar de grandes xogadores de alto nivel a falta de dous días para o final do 50 aniversario da Esedé, un ano especial. Pero, o tema importante é colaborar coas diferentes asociacións entre as que se atopan a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Fundación Andrea, Asociación de dano cerebral Sarela, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental, Juntos Podemos, Proxecto Home e Compostela Down.
O partido, como xa dixen, será o 29 de decembro, sábado, ás 16:30 horas. As entradas serán a 5 euros para todos e agardemos que poida haber unha boa entrada no coliseo compostelanista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario