A terceira consecutiva é posible

Por primeira vez esta tempada o Compos ten o privilexio de sumar tres victorias consecutivas. Coa promoción de ascenso a tiro, os nosos afrontarán un novo partido na casa contra un rival que, en principio, non debería dar moitos problemas polo que a victoria non debería ser moi complicada, e menos se temos en conta o cambio de xogo do equipo.
O Céltiga non pasa por un bo momento, máis ben todo o contrario. En postos de descenso, o equipo da Illa de Arousa non sumou de momento máis de dous puntos lonxe do seu campo. Dous empates nas dúas primeiras saídas nos campos de Cerceda e Negreira. Dous dos dez puntos que suman ata agora, algo que indica que non están para botar foguetes en canto a resultados. 
Os dous equipos chegan despois de diferentes resultados nas últimas datas. O Compos, como sabemos, suma dúas victorias consecutivas e está na busca da terceira mantendo así San Lázaro como o único estadio do que ninguén puido fuxir cos tres puntos. Pola súa parte, o Céltiga suma dúas derrotas consecutivas, algo que para Fredi non é positivo xa que "as Ligas pérdense cos equipos de abaixo". 
En canto ás baixas, a única segura é a de Diego Peláez, ultimando a súa recuperación. Martín e Louro son dúbidas ata última hora e, por sorte, non hai que lamentar ningunha sanción. Por contra, o técnico do Céltica non conta con problemas á hora de confeccionar a convocatoria xa que non teñen baixas. 
O partido será este domingo ás 16:30h un horario que comeza a ser habitual e que posiblemente se prolongue ata despois do inverno. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario