A cuarta victoria consecutiva pode estar preto. O Compos pode facer algo que de momento só fixo o Racing de Ferrol. Catro victorias seguidas para manterse na promoción de ascenso unha xornada máis e, se os resultados acompañan á Esedé, poderían escalar un ou dous postos. Pola súa parte, o Narón non ten ningunha posibilidade de saír do último posto esta xornada nin gañando.
O Narón, colista, recibirá ao Compos despois de só poder sumar unha victoria, tres empates e oito derrotas. O equipo menos goleador do campionato con só sete goles a favor e un dos máis goleados con dezanove en contra. Un dos recén ascendidos onde se atopa o ex xogador do Compos Juanito, que aos seus 43 anos podería volver a xogar contra o equipo que o fixo debutar de forma profesional.
En canto ás baixas, Fredi só perde a Diego Peláez, que está moi preto de volver aos terreos de xogo; Louro e Tachi por lesión e deixa fóra a Martín, Uru e Catú por decisión técnica. Pola súa parte, o adestrador do Narón perderá a Juancho, Zico e Óscar Rivas, último en caer.
Como todos sabemos, o Compos é cuarto con 20 puntos mentres que o Narón chega ao partido desde a vixésima posición con só seis puntos, sendo o peor dos equipos subidos de Preferente esta tempada. E tamén se poden ter en conta os últimos resultados. O Compos sumaría a súa cuarta victoria consecutiva mentres que o Narón caeu contra o As Pontes na pasada xornada.
O partido será este domingo ás 17 horas, media hora máis tarde do que foi nestas últimas datas, en Río Seco, estadio de herba natural con capacidade para mil afeccionados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario