Os nosos dominaron dende o primeiro momento pero sen chegar á porta viguesa. Foi o Rápido de Bouzas o encargado de facer as primeiras ocasións do partido á contra. Sen embargo, nunha das mellores chegadas compostelanistas chegou unha falta que desembocou no penalti que transformou Gonzalo no primeiro gol do partido.
Ante o gol, o Rápido mellorou e foi rápidamente na busca do gol do empate. Unha boa chegada á portería de Adrián foi o mellor aviso dun equipo que para nada se viu afectado por ir perdendo. Subiron a intensidade do xogo e á media hora, só dous minutos despois do de Gonzalo, chegou o empate. E xa o peor posible fíxose real catro minutos despois coa expulsión de Borja Facal e o segundo gol local.
Cun menos no campo, o Compos aumentaron máis a intensidade no segundo tempo. Grandes ocasións sobre a portería viguesa non foron suficientes para superar de novo a meta local. Algo que fixo Jimmy ao final do encontro pero o colexiado anulouno por fóra de xogo máis que dubidoso.
A semana que ven toca recibir ao Alondras.
ALIÑACIÓN: Adrián; Borja, Castiñeiras, Catú (Rendo, min. 41), Germán; Bautista (Louro, min. 65), Gonzalo, Manu Rodríguez; Kolman (Jimmy, min. 54), Franqueira e Uru.
CARTÓNS: Amarelos para Franqueira, Catú e Germán. Expulsado Borja Facal por cartón vermello directo.
GOLES: 0-1 29' Gonzalo, 1-1 31' Pardavila, 2-1 35' Yahve.
ESTADIO: Baltasar Pujales. 700 espectadores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario