O Alondras é o próximo rival da Esedé en San Lázaro no partido no que os nosos están obrigados a gañar tras sumar un punto dos últimos seis posibles. Un partido complicado no que o factor campo debería axudar a un equipo que está moi lonxe das prazas de ascenso, que todos sabemos que é onde debería estar o Compos.
Para este partido xa poderemos disfrutar de novo da gran calidade do 'killer' de Terceira Joselu, que volve tras a sanción imposta pola Federación para sorpresa de todos. Ademais, Anxo Casalderrey, que podería pasar un exame importante para manter o seu posto, tamén poderá contar con Martín e Mariño, dous xogadores importantes se están ben, despois dos problemas físicos que os apartaron da última xornada. Por contra, Christian, Nogueira e Peláez non estarán por lesión e Borja Facal por sanción. Pola súa parte, polo equipo de Cangas non estarán Leiro nin Abraham.
Os dous equipos están obrigados a sumar. O Compos necesita os tres puntos e visitar ao Cerceda con algunha posibilidade de aproximarse aos postos de promoción de sumar a primeira victoria a domicilio o domingo que ven. Pola súa parte, o Alondras ten a posibilidade de empatar a puntos co Racing Villalbés e, no caso de perder contra o Somozas, co Pontevedra pero sen entrar nos catro primeiros postos.
O partido será este domingo ás 17h en San Lázaro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario