Na busca da primeira victoria a domicilio

O Compos segue, unha semana máis, na busca da primera victoria lonxe de San Lázaro. Ante un histórico da Terceira galega, os nosos terán que xogar o partido destacado do día, por enriba do Barça-Madrid. Un gran encontro en terras viguesas contra un equipo que non pasa polo seu mellor momento, é decimoséptimo con só cinco puntos ocupando postos de descenso. 
Tanto o Compos como o Rápido de Bouzas chegan, ademais da pequena necesidade de gañar, con baixas importantes. Os vigueses recuperan a Rubén pero perden para este encontro a David Portas por sanción. Por parte do Compos todos coñecemos a baixa de Joselu por sanción, que agardemos non se note demasiado. Tampouco estarán no Baltasar Pujales Tachi, Martín, David Nogueira e Peláez, por lesión. Si viaxan Mariño e Franqueira con molestias. 
Na pasada xornada, o Compos non puido pasar do empate inicial na casa contra o filial do Deportivo en San Lázaro. Pola súa parte, o Rápido de Bouzas caeu na visita ao As Pontes por 2-0 cos dous goles nos últimos dez minutos. 
O partido xogarase mañá no Baltasar Pujales de Vigo a partir das 17:30 horas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario