Sen Joselu falta o gol

Compos e Depor B fixeron un dos mellores partidos da tempada. Partido igualado sen goles no que os locais tiveron as mellores ocasións para levarse os tres puntos. Boas xogadas con Borja e Nejc Kolman polas bandas ofrecendo centros que en moitas ocasións non atoparon rematador. Ademais o esloveno foi o autor da mellor ocasión do encontro.
Dende o principio o partido estivo moi disputado con ocasións nas dúas porterías. Tanto Adrián como Marc Martínez foron os encargados de acabar coas esperanzas dos dous equipos en cada chegada rival con perigo. Un primeiro tempo no que a Esedé foi superior por momentos gozando das mellores oportunidades de goles nos últimos minutos.
Kolman e Castiñeiras encargáronse de poñer en pe á afección compostelanista con dúas moi boas ocasións que sacou o gardameta cando xa pensabamos que era gol. O porteiro do Fabril que ben se pode dicir que foi o mellor do encontro.
No segundo tempo o control xa foi para o Compos. Grandes contras pola banda lideradas por Borja Facal pola dereita puideron rematar con algún disparo de Uru, xogador máis adiantado no segundo tempo. Sen embargo, o ex do Extremadura non foi capaz de transformar ningunha das xogadas ante unha boa defensa e un mellor porteiro.
Manu Rodríguez tivo a mellor ocasión do segundo tempo cun disparo dende case o medio do campo que fixo estirarse ao gardarredes. E o colexiado, que non mostrou ningún cartón vermello a ningún xogador do Compos, levouse a maior pitada da grada ao non sinalar un penalti claro sobre Borja Facal.
Bo partido e bo arbitraxe en xeral, algo que non podía pasar de non ser porque o colexiado era catalán. O próximo será en Bouzas ante o Rápido de Bouzas e en dúas semanas toca recibir ao Alondras.

ALIÑACIÓN: Adrián; Borja, Castiñeiras, Bautista, Germán; Gonzalo, Tachi (Rendo, min. 27), Nogueira; Louro (Uru, min. 57), Kolman e Manu Rodríguez. 
CARTÓNS: Amarelos para Uru e Germán. 
GOLES: 0-0.
ESTADIO: San Lázaro. 1.300 espectadores. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario