Sen Joselu, a polo Depor B

O Compos recibe este domingo ao rival ante o que máis rivalidade hai. Chega o Deportivo B a Santiago para un dos derbis máis emocionantes da Terceira que non se repite desde fai xa dúas décadas. Sen embargo, o Compos si xogou contra o primeiro equipo coruñés fai xa dez anos na Copa do Rei con derrota para o conxunto da capital e a morte dun afeccionado visitante despois dunha bronca con varios ultras do seu mesmo equipo. 
Cambiando de tema, as cousas para o Compos non son máis que sorprendentes. A Federación galega segue nas súas de intentar acabar co noso equipo e agora sancionan a Joselu con dous partidos polo ocorrido a pasada xornada en Betanzos, algo máis que excesivo. Ademais, Anxo conta coas baixas de Christian e Diego Peláez, lesionados, e as dúbidas ata última hora de Jacobo e Franqueira. Pero  Nejc Kolman voltará ao campo de San Lázaro onde Louro apunta a ser o xogador máis adiantado. 
Partido emocionante non só pola máis que coñecida rivalidade entre os dous clubes, algo que pode facer que haxa unha boa entrada no feudo branquiazul, senón que ademais os dous ocupan postos da metade da clasificación empatados con 7 puntos cada un. 
O Compos xa sabemos que chega despois de perder inxustamente en Betanzos mentres que o filial do Deportivo sumou os tres puntos ante o As Pontes por 3 goles a 0. 
O partido será o domingo ás 16:30 e para el o Compos pon á venta entradas a 5 euros para os acompañantes dos socios. As demais serán a 10 euros, coma sempre. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario