Recibimos a un grande para pechar unha mala semana

O Compos recibirá mañá ao Racing Villalbés despois dunha semana bastante mala con troco de adestrador incluido. Unha semana onde o deportivo quedou totalmente apartado e deixou que o despido de Anxo e a busca do novo adestrador pasara a un primeiro plano. Sen embargo, con Ibán López no banco, o Compos afrontará un novo partido coa mirada posta no cambio e no obxectivo a superar nas xornadas que restan para o final da tempada. 
Visita San Lázaro o Racing Villalbés. O equipo lucense atópase ben situado nos postos de promoción de ascenso á Segunda B e, ao igual que o ano pasado, loitará por facerse un hoco entre os catro primeiros postos da clasificación. Cuartos con 16 puntos empatados co Somozas, o equipo de Cata chegará a San Lázaro con problemas polas baixas por lesión de Erni, Novás e Pillado e por sanción de Óscar 'La Magia', Kiko e Roberto Prieto. Si entrou finalmente na convocatoria do equipo lucense Mauro Poratti, dúbida ata última hora. 
Por parte dos nosos, Ibán non poderá contar con Christian, Jimmy, Tachi, Martín e Diego Peláez por sanción e deixa fóra da convocatoria a Uru e Catú por decisión técnica. Volve a unha convocatoria David Nogueira despois da lesión e Louro podería contar con minutos se o segundo adestrador, posto que manterá coa chegada de Fredi, o cree oportuno. 
Dos dous grandes da categoría que veranse as caras en San Lázaro este domingo ás 16:30 horas. Arbitrará o colexiado lucense González Sobrado. E as entradas seguirán a 10 euros con desconto de 5 euros para os acompañantes dos socios, un por abonado. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario