O Compos volve a gañar contra doce

Despois dunha mala semana, o Compos voltou á senda da victoria. Unha xornada un tanto rara, onde só o Somozas, dos que partían entre os catro primeiros, conseguiu gañar. Partido no que, de novo, o Compos tivo que saber xogar cun menos e contra un árbitro que permitiu máis ao conxunto lucense. Pouco xogo, moitas faltas e a tres puntos dos postos de promoción, posto que ocupa o Pontevedra. 
No comezo do partido o Compos puido disfrutar do esférico e tivo algunha que outra ocasión para poñerse por diante cedo. Ademais, Joselu demostrou que ademais de marcar e regalar goles, tamén presiona moi ben a saída do esférico. O '22' da Esedé non parou nin un momento e acabou sendo o obxectivo de faltas por parte dos xogadores lucenses. 
A permisividade do colexiado provocou que a afección compostelanista o asubiase durante varios minutos do primeiro tempo despois de perdoar un penalti ao conxunto visitante. Sen embargo, non cometeu o mesmo erro dúas veces na primeira metade e finalmente sinalou un penalti por agarrón sobre Joselu. Dende os once metros non errou o máximo goleador da categoría que parece ter un sexto sentido para facer goles. 
E a partir de ahí, a Esedé non baixou os brazos contra un equipo que foi en busca do empate por tódolos medios posibles. Sen embargo, o ritmo baixou, as defensas melloraron e as ocasións trocáronse por faltas. Entradas por parte dos dous equipos con maior castigo para os visitantes, que intentaron evitar as contras do Compos a base de faltas recibindo ata dous cartóns no primeiro tempo. 
No segundo tempo máis do mesmo. Pero coa diferencia da expulsión de Mariño por un codazo nun balón por alto. Unha expulsión un tanto rigurosa que deixou aos nosos con dez a falta de corenta minutos para o final. Aínda así souberon aguantar todas e cada unha das chegadas do conxunto vilalbés e a victoria compostelanista apenas pasou por problemas. 
Defensa total do Compos e algunha ocasión grazas á rapidez de Manu Castiñeiras e Jacobo á contra aínda que sen conseguir rematalas. 
Unha nova victoria para devolver a ilusión a afección antes da visita a Negreira. Unha das visitas máis especiais da tempada. 

ALIÑACIÓN: Adrián; Facal, Castiñeiras, Germán (Rendo, min. 56), Bautista; Mariño, Gonzalo; Jacobo Tato, Louro (Manu Rodríguez, min. 51), Franqueira (Nogueira, min. 74); e Joselu. 
CARTÓNS: Amarelo para Facal. Expulsado Mariño. 
GOLES: 1-0 12' Joselu.
ESTADIO: San Lázaro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario