Fredi adestrará ao Compos ata final de tempada

O que onte non era máis que un rumor fíxose hoxe oficial. Alfredo Álvarez, máis coñecido por Fredi, é o novo adestrador da SD Compostela. O ex do Alondras estrearase en Negreira deixando que Ibán López remate a semana ao mando do equipo en San Lázaro contra o Racing Villalbés.
Despois das negativas de Josiño Abalde e Charly a facerse co mando do equipo e de aparecer nomes como William Amaral e Fernando Castro Santos, o ex do Alondras asinará o seu novo contrato co equipo da capital nas próximas horas ou días. Sen embargo, e como xa dixen, será Ibán López, ata agora segundo de Anxo, quen se sente no banco de San Lázaro este domingo e leve os adestramentos ata o final da semana. Ademais, senón hai ningún cambio de última hora, manterá o mesmo equipo técnico que houbo ata agora.
O adestrador de Moaña de 36 anos aceptou esta mesma mañá a oferta do Compos pero fálase de que aínda non firmou o contrato. Chega despois de sete anos no Alondras, os tres últimos como primeiro adestrador, chegando a meter ao equipo na promoción de ascenso a Segunda B o ano pasado. 
Agora só queda dicir que agardemos que teña moita sorte e leve ao Compos a onde merece. Ah! E... Benvido Fredi! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario