O primeiro tempo foi o mellor para o Compos. Joselu, que se enfrontaba ao seu ex equipo por primeira vez, foi o encargado de levar perigo á portería local. Sen embargo, co tempo o equipo branquiazul foi a peor. Pola súa parte, Adrián apenas tivo que esforzarse xa que o Cerceda tampouco fixo nada para poder chegar ao descanso por diante no marcador.
Aínda así, no primeiro tempo chegou unha moi mala nova. Cando restaban menos de dez minutos para chegar ao tempo de lecer, Martín tivo que retirarse tocado. A marcha do xogador compostelanista do terreo de xogo provocou que no segundo tempo as ocasións desaparecesen a pesar de que no seu posto entrou Nejc Kolman.
Xa no segundo tempo, o Compos non chegou á portería defendida por Darío. Roubos de balón na defensa e patadón arriba, así se limitou a ser o xogo dos nosos no segundo tempo. Falta de intensidade no xogo e ausencia de perigo é un pequeno resumo da Esedé nos segundos corenta e cinco minutos.
O Cerceda nesta segunda metade fixo algo máis que na primeira, aínda que non moito. Sen embargo, fixeron o máis importante. Despois de vinte minutos, Alberto Vía fixo o gol co que o Cerceda sumou unha nova victoria.
Un partido horrible entre dous equipos que a principios de tempada tiñan a meta na promoción de ascenso que finalmente se levou o que máis aguantou sen aburrirse.
ALIÑACIÓN: Adrián; Borja, Castiñeiras, Germán, Bautista; Mariño, Gonzalo; Martín (Kolman, min. 38), Franqueira (Rendo, min. 68), Jacobo (Uru, min. 67); e Joselu.
CARTÓNS: Amarelos para Mariño e Jacobo.
GOLES: 1-0 67' Alberto Vía.
ESTADIO: O Roxo. 400 espectadores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario