Anxo Casalderrey xa non é técnico da SD Compostela despois de rescindir hoxe o seu contrato. A mala racha de resultados fóra da casa, cun punto de quince posibles, foi xunto co mal xogo do equipo o gran causante do despido do técnico.
Despois dun ascenso a Terceira en pouco de máis de ano e medio, o adestrador de Ribadavia non se sentará no banco de San Lázaro este domingo contra o Racing Villalbés. O adestrador que nos devolveu a ilusión o ano pasado con dous títulos fáciles para o equipo que había, abandona o clube xa que, como dixo hoxe Julio Prol, "Necesitamos un cambio na dinámica do equipo se queremos acadar os obxectivos".
Polo de cedo, Ibán López, ata agora segundo adestrador da Esedé, será o que tome o mando do Compos ata que se atope un novo adestrador. Entre os posibles, fálase de Charly, ex do Racing Villalbés, e Josiño Abalde, ex do Coruxo.
Para rematar, só me queda por dicir grazas e moita sorte no futuro Anxo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario