O Compos segue buscando a súa primeira victoria lonxe de Santiago. Somozas, Ferrol, Betanzos e Bouzas. Un punto de doce posibles fóra da casa encenden as alarmas e apenas deberíamos agardar pola primeira victoria dun equipo que chegará a Cerceda para xogar contra un dos grandes da categoría despois de facerlle oito ao Alondras como se dun partido de fútbol sala se estivera a tratar.
O Cerceda non chegará ao partido no seu mellor momento. Son duodécimos na táboa cos mesmos puntos pero anotando moi poucos goles, a metade dos que fixo o Compos ata agora para ser exactos. Non están a ser un equipo moi regular que se non xoga na casa. 2 victorias como locais e un empate na primeira xornada alonxan ao equipo branquivermello dos postos de ascenso, nos que esta tempada parece que non conseguirán estar. Ademais contra o Pontevedra sumaron a única derrota ata agora na casa pola mínima, con gol no tempo engadido.
Todos coñecemos da dificultade deste encontro pero Anxo, que poderá contar con todos menos con Diego Peláez, avisa que "hai outra idea de xogo no Compostela". E a iso hai que sumar que Joselu, máximo goleador da categoría, voltará á súa anterior casa coa pólvora prendida. Voltará ao igual que Louro, Manuel Castiñeiras, Franqueira, Bautista e Mariño, ex do Cerceda agora nas filas da Esedé.
O partido será este domingo ás 17 horas en O Roxo e arbitrará o colexiado de Ferrol García Villaverde, que de momento non tivo a ocasión de cargarse ningún partido do Compos no que vai de tempada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario