Goleada contra as críticas. Benvido de novo Joselu!

O Compos volveu a gañar en San Lázaro nunha dura semana dura con críticas contra o xogo e Anxo Casalderrey. Pero non foi unha victoria normal... foi a maior goleada do que vai de Terceira na volta ao once de Martín e Joselu, que entre os dous fixeron a metade dos goles. Oito goles que serven para, ademais de rematas coas críticas, avisar de que este equipo está moi vivo e promete moito de cara ao resto da tempada con promoción de ascenso incluida, que agora está a tres puntos.
Joselu demostrou que dous partidos sen xogar eran moitos para el e moi cedo, en cuestión de segundos, inaugurou o marcador despois dunha boa xogada individual. Despois do gol espertou o Alondras e conseguiron aproximarse con perigo á porta defendida por Adrián, sen embargo topáronse co poste. Ese erro, que ben puido cambiar o partido, transformouse minutos máis tarde no segundo da tarde de Joselu despois dun saque de banda. 
O terceiro chegou nunha contra que transformou Martín. E o mesmo fixo cinco minutos máis tarde o cuarto ante a sorpresa da afección, que hai que recoñecer que despois dos últimos tres partidos non era sinxelo esperar catro goles en menos de media hora. E só un minuto máis tarde, Franqueira aproveitou un gran pase de Jacobo e fixo o quinto. 
5-0 co que marchamos ao descanso cun gran sabor de boca. Unha tarde de goles que demostraba unha mellora do equipo de cara a gol notable cos regresos de Joselu e Martín, dous xogadores que se botaron de menos pero que sen dúbida fan mellores aos demais. 
Xa na segunda metade, Jacobo ampliou diferencias ata poñer o 7-0 no marcador nun cuarto de hora. No primeiro Martín volveu a ser importante coa asistencia para o '8' branquiazul que puxo en pé a unha grada que non podía crer o que estaba a ver nun dos campos máis máxicos de Galiza. 
Pero o Alondras púxose as pilas e aproveitou o baixón de ritmo do Compos para recortar distancias ata en tres ocasións. Do 7-0 ao 7-3 con penalti incluido, aínda que sen expulsión por el para sorpresa de todos. E para rematar o partido da mellor forma posible, Franqueira aproveitou unha asistencia de Joselu para facer o 8-3 definitivo. Un resultado de escándalo para devolver as esperanzas á familia compostelanista.

ALIÑACIÓN: Adrián; Jimmy (Bautista, min. 45), Castiñeiras, Germán, Rendo; Gonzalo, Mariño (Manu Rodríguez, min. 60), Jacobo; Martín (Uru, min. 71), Franqueira e Joselu.
CARTÓNS: Amarelo para Bautista. 
GOLES: 1-0 1' Joselu, 2-0 18' Joselu, 3-0 21' Martín, 4-0 27' Martín, 5-0 28' Franqueira, 6-0 53' Jacobo, 7-0 61' Jacobo, 7-1 70' Carlos Campo, 7-2 76' Dieguito, 7-3 85' Andrés, 8-3 87' Franqueira. 
ESTADIO: San Lázaro. 1.200 espectadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario