Chegou como referente goleador despois dun gran paso goleador no Cerceda, chegando a ser o segundo máximo goleador da categoría a pasada campaña, e este ano Joselu está que se sae vestindo o '22' branquiazul. Nada o demostra mellor que ver o dato que indica que en 8 xornadas, nas que non xogou en case tres, leva nada máis e nada menos que 10 goles, algo que supera aos mellores xogadores do mundo a nivel goleador.
O de Riveira demostrou que chegou a San Lázaro para poñer en pé a unha das mellores afeccións de Galiza e no primeiro partido do Compos na casa fixo nada máis e nada menos que catro goles. Catro goles en corenta minutos para dar os tres primeiros puntos ao Compos.
Catro dianas que foron sucedidas por dous máis só sete días máis tarde na Malata, o estadio ata agora máis difícil para os equipos galegos, nesa derrota ante o Racing na que houbo que rematar o partido con dous homes menos. Marcou tamén no regreso de Roberto Piñeiro a San Lázaro. Un gol contra o Villalonga para meterse a tódala afección no peto. E en Betanzos rematou a súa racha con catro partidos consecutivos marcando cun gol ao comezo do partido que non serviu de nada nun partido que, por capricho do árbitro, só puido xogar media hora.
Dous partidos e medio despois, nos que o Compos só puido sumar 1 de 9 puntos posibles, volveu. E fíxoo con ganas e intención de rematar con esas dúbidas que hai contra o equipo santiagués. Dous goles máis para chegar a eses dez que leva ata agora e ademais regalou unha asistencia a Franqueira e participou nun gol máis.
Un xogador que se botou de menos en San Lázaro e chegou con moitas ganas de marcar. Agora só me queda algo que pensar, cantos marcará no seu regreso ao Roxo? E a cantos chegará ao final da tempada? E o último que quero dicir é... Joselu grazas por vir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario