Nun novo encontro marcado pola actuación arbitral, Joselu aumentou a súa conta goleadora en menos de cinco minutos. Comezo trepidante do equipo santiagués e o máximo goleador da categoría sumou un novo tanto despois dun control perfecto de costas e superando ao cancerbeiro do Betanzos. Pero o gran xogo do Compos mantívose co paso dos minutos... ata que o protagonista do encontro fixo acto de presenza.
Saque de esquina que nin sequera era e sinala despois unha suposta man, que tampouco era, de Germán dentro do área. O regalo non o desaproveitou Moncho dende os once metros poñendo o empate no marcador. Empate que acabou coa Esedé. Do dominio visitante a un partido igualado cun lixeiro dominio local.
E para rematar aos nosos, o señor Borja Bilbao expulsa a Joselu cando só había transcurrido media hora de xogo despois de malinterpretar unhas palabras do dianteiro branquiazul cara un xogador rival. Cartón vermello directo porque cada un escoita o que quere e este colexiado non quixo escoitar nada antes das verbas de Joselu.
De aí en diante o Compos foi a menos e as ocasións deixaron de chegar con tanta facilidade como co '22' sobre o terreo de xogo. E xa no segundo tempo desapareceu o bo xogo branquiazul axudado, sobre todo, pola actuación arbitral, pésima.
Aproveitando a superioridade numérica, dez contra doce, o Betanzos sumou os tres puntos grazas a un gol por toda a escadra ante o que nada puido facer Adrián. E para rematar o encontro, Mariño levou un golpe nun encontronazo e é dúbida para o partido contra o Deportivo B do fin de semana que ven.
ALIÑACIÓN: Adrián; Facal, Germán, Bautista (Castiñeiras, min. 77), Mariño; Manu Rodríguez (Rendo, min. 71), Gonzalo, Tachi; Uru, Joselu e Louro (Jacobo Tato, min. 71).
CARTÓNS: Amarelos para Mariño, Adrián, Bautista e Germán. Expulsado por cartón vermello directo Joselu.
GOLES: 0-1 3' Joselu, 1-1 22' Moncho, 2-1 75' Javi Otero.
ESTADIO: O Carregal. 350 espectadores cunha boa representación branquiazul nas bancadas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario