Primeiro gran encontro

Sen restar importancia a ningún rival, o Compos terá mañá un moi duro, un dos mellores equipos da categoría e un dos claros favoritos para o retorno a Segunda B. Un rival ante o que o Compos logrou, no mesmo escenario que mañá, a súa primeira victoria na división de bronce fai xa catro tempadas.
A Malata non é un estadio para nada fácil, será un inferno verde no que a Esedé deberá deixarse a pel para poder saír con puntos. Os dous rivales mellor reforzados este verán fronte a fronte por terceira vez en cuestión dun mes despois dos encontros na Copa Deputación e o amigable en Cedeira que remataron con unha victoria por cada equipo.
Veranse as caras o primeiro clasificado e o terceiro. O partido destacado da terceira xornada da Terceira división en Ferrol demostrará cal dos dous equipos chega mellor despois de dúas xornadas nas que os dous equipos demostraron estar moi fortes na casa con boas goleadas do Racing na primeira xornada ante o Ordes e do Compos o pasado domingo contra o Dorneda.
Por mala sorte, para este partido Anxo contará con dúas baixas moi duras como son as de Mariño e Borja Facal, sancionados. Tampouco entran na convocatoria Catú, Kolman, David Nogueira e Uru, lesionados, e Christian, aínda sen o tránsfer. 
Como todos sabemos, será o domingo ás 17 horas en A Malata. As entradas rumoréase que estarán á venta por 10 euros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario