O Compos cae con nove ante o líder

A visita do Compos a A Malata nin comezou ben nin rematou mellor. Bronca á chegada do equipo branquiazul e derrota rematando con nove xogadores, unha das expulsións antes do tempo de lecer. Joselu, cos dous goles de hoxe, segue ampliando a súa conta e xa suma 6 goles en tres partidos, algo do que non poden presumir moitos xogadores. 
Restando importancia aos incidentes de fóra do campo, o partido comezou bastante mal para o Compos. A zaga santiaguesa non saiu moi fina e no primeiro minuto de encontro chega o primeiro tanto do Racing contra sorpresa de todos. E, por desgraza, a cousa non mellorou ata o ecuador do primeiro tempo. Sen lograr opoñer resistencia, chegou o segundo dos ferroláns. 
Nunha das primeiras chegadas do Compos, Germán foi derrubado dentro do área rival. Joselu encargouse de recortar distancias desde os once metros metendo ao equipo no partido... Aínda que por desgraza o panorama púxose algo máis negro coa expulsión de Tachi antes do descanso. 
Os últimos corenta e cinco minutos foron unha gran demostración da forza do Compos xa que xogando cun menos plantaron cara ao Racing. Con dez, o equipo santiagués mellorou en canto a que as xogadas pasaron a ser notablemente máis rápidas. E nunha chegada con velocidade, Joselu anotou o segundo, sexto nos últimos dous partidos. 
Sen embargo, o Racing cambiou a mentalidade e o xogo xusto despois do gol obtendo resultados moi rapidamente. Jorge Rodríguez fixo o terceiro e definitivo despois de irse en velocidade da defensa visitante superando a Adrián cun potente disparo. 
Ata o final, o Compos tivo algunha que outra ocasión para poñer o empate de novo no marcador. Sen embargo as cousas foron a pior e Germán foi expulsado a falta de dez minutos supoñendo así unha baixa máis para recibir ao Vilalonga de Roberto Piñeiro e compañía a próxima semana en San Lázaro.

ALIÑACIÓN: Adrián; Castiñeiras, Jimmy (Jacobo Tato, min. 77), Germán, Rendo; Tachi, Gonzalo; Franqueira (Martín, min. 57), Peláez (Manu Rodríguez, min. 46), Louro; e Joselu. 
CARTÓNS: Expulsados Tachi e Germán por dobre amonestación.
GOLES: 1-0 1' Rubén Comesaña, 2-0 22' Dani Rodríguez, 2-1 29' Joselu, 2-2 61' Joselu, 3-2 62' Jorge Rodríguez. 
ESTADIO: A Malata. 2.000 espectadores. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario