Joselu é imparable!

O Compos logra a súa primeira victoria na tempada oficial na casa. Partidazo dos de Anxo Casalderrey e en especial de Joselu. O ex do Cerceda fixo o que quixo do porteiro do Dorneda sumando nin máis nin menos que catro goles. Chegou para facer goles e hoxe máis ben fixo un espectáculo. Ante un equipo que aguantou como pudo case todo o primeiro tempo, o dianteiro de Ribeira aproveitou cada unha das ocasións que tivo para arrasar e dar os tres primeiros puntos á Esedé. Por desgraza tamén houbo dúas malas novas: as expulsións de Borja Facal e Mariño, que non poderán estar contra o Racing de Ferrol.
Os santiagueses mantiveron o seu xogo de toque e posesións largas ante un equipo que foi de máis a menos. Os primeiros minutos foron de tanteo. Os dous equipos puxeron o fútbol no centro do campo e só o Compos puxo en apuros ao gardameta rival, aínda que sen demasiada sorte nin puntería á hora de superar a defensa do Dorneda. 
Tivemos que agardar case corenta minutos para que Joselu, sen dúbida mellor do partido, fixera o primeiro cun disparo moi potente dentro do área. Un gol que lonxe de cambiar a mentalidade do equipo visitante, acabou por beneficiar máis aínda ao Compos. 
Co Dorneda pensando en intentalo á contra, o Compos puido facer o que quixo co equipo rival. Moi cedo puido facer o segundo o dianteiro centro da Esedé despois dunha falta que bota Gonzalo e que toca Mariño antes de que lle chegue ao goleador. 
O partido estaba xa sentenciado a falta de máis de media hora tendo en conta como estaban os da comarca de Oleiros. E chegou o espectáculo. Con San Lázaro gozando dun bo xogo do equipo, Martín saiuse do seu xogo case perfecto para facer unha xogada ca que puxo en pe a afección. Gran xogada individual do extremo e asistencia para Joselu, que firmou así o hat-trick. 
Para rematar un partido perfecto, o mesmo Joselu puxo en pe de novo aos que nos atopamos en San Lázaro cun cuarto gol desde fóra do área. 4-0 co que o Compos ocupa xa postos de promoción de ascenso a Segunda B só superado polo Racing de Ferrol, próximo rival, e Pontevedra, os dous con seis puntos.

ALIÑACIÓN: Adrián; Borja, Castiñeiras, Germán, Jimmy; Gonzalo, Mariño, Franqueira; Joselu (Uru, min. 81), Peláez (Rendo, min. 60) e Martín (Louro, min. 75). 
CARTÓNS: Amarelo para Peláez. Expulsados por cartón vermello directo Borja Facal e Mariño. 
GOLES: 1-0 39' Joselu, 2-0 53' Joselu, 3-0 69' Joselu, 4-0 80' Joselu. 
ESTADIO: San Lázaro. 700 espectadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario