San Lázaro é un fortín

O Compos suma a segunda victoria na casa esta tempada cun bo partido contra o Villalonga, que fixo un gran partido. Sete puntos xa cos que o equipo colócase a un punto da promoción de ascenso. Ademais, a parte do séptimo gol de Joselu en tres partidos, hai que destacar o gran recibimento da afección ao ex capitán do Compos Roberto Piñeiro, agora nas filas do Villalonga. Bo regreso tamén de Kolman, cun gol, e de Catú demostrando o gran nivel da defensa compostelanista. 
No primeiro tempo os dous equipos presentaron un bo enfrontamento. Joselu estivo a punto de poñer por diante ao Compos en varias ocasións mentres que pola parte rival o encargado de facer traballar á defensa foi o 10, Roberto Piñeiro. 
Sen embargo foi Kolman o encargado de facer o primeiro. Pase para o esloveno e este non se equivoca para estrear a súa conta goleadora esta tempada. Kolman ademais fixo un partido perfecto pola banda recordando aos grandes minutos cos que nos fixo disfrutar a pasada campaña. 
Despois do gol, o Villalonga foise arriba. Presión no centro do campo sen deixar ao Compos facer o seu xogo. Tiveron varias ocasións para poñer o empate no marcador e dúas moi claras coas que puxeron á afección moi nerviosa. A segunda chegou ao borde do descanso cun disparo que marchou fóra por centímetros.
Xa na segunda metade as cousas foron moi distintas. O Compos pasou a dominar o encontro e só faría falta un gol máis para poñer terra de por medio e evitar un susto que xa puido chegar ao final do primeiro tempo. Numerosas oportunidades nos primeiros dez minutos foron un adelanto do gol de Joselu. 
O máximo goleador da categoría non ten freno e suma xa sete goles nos últimos tres partidos. O último chegou cunha gran vaselina ante a que nada puido facer o porteiro. 
Con dez, o Villalonga xa non fixo nada máis por intentar, como mínimo, recortar diferencias. Pola súa parte, ao Compos só lle faltou facer algún máis. Jacobo Tato ocasionou máis dunha dor de cabeza á defensa visitante e Joselu provocou a segunda expulsión para o Villalonga. O porteiro saiu para evitar unha xogada con perigo e controlou o esférico ca man vendo un cartón vermello directo a falta de cinco minutos. Cinco minutos nos que o Compos, co partido xa máis que gañado, non buscou portería. 
Do segundo tempo hai que destacar tamén a ovación a Roberto Piñeiro cando foi sustituido. 

ALIÑACIÓN: Adrián; Facal, Castiñeiras, Catú, Bautista; Mariño, Gonzalo; Jacobo Tato (Rendo, min. 75), Kolman (Manu Rodríguez, min. 64), Franqueira (Uru, min. 46); e Joselu. 
CARTÓNS: Amarelos para Castiñeiras, Catú e Jacobo Tato.
GOLES: 1-0 22' Kolman, 2-0 58' Joselu.
ESTADIO: San Lázaro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario