Este domingo volve o Compos a San Lázaro e diante estará o Villalonga, equipo no que agora milita o ex capitán querido por toda a afección branquiazul Roberto Piñeiro. Partido no que, en principio, o Compos é favorito para sumar tres puntos máis. Sen embargo, as baixas poderían poñer en máis problemas a un equipo que só na primeira xornada puido rematar o partido cos once xogadores sobre o terreo de xogo.
Para este partido, Anxo Casalderrey non poderá contar con Tachi, Germán nin Diego Peláez. Pola contra recupera a Mariño e Borja Facal, que non puideron estar en Ferrol por sanción. Pola súa parte, o Villalonga non conta con baixas por sanción nin lesión.
Os dous equipos chegan despois dun comezo algo diferente. O Compos suma 4 puntos mentres que o Villalonga non coñece aínda a derrota e xa está en postos de promoción de ascenso con sete puntos.. Oitavo contra cuarto despois de tres xornadas, algo máis ben pouco significativo.
Joselu, máximo goleador do Compos e da Liga, contra Roberto Piñeiro, ex capitán do Compos e actual máximo goleador do equipo celeste. Entre eles en especial poderán presentar un gran espectáculo con goles. O pasado e o presente das alegrías compostelanistas frente a frente.
Partido especial polo regreso de Roberto a San Lázaro e sobre todo para nós xa que por fin poderemos contar coa pancarta. Ás 18 horas o domingo no noso templo do fútbol. Que non falte ninguén!
Ningún comentario:
Publicar un comentario