De novo o Dorneda visita Santiago

O Dorneda volve a Santiago para a segunda xornada de Liga. En principio, o Compos é favorito para levarse os tres puntos no primeiro partido en San Lázaro ante un rival do que pouco máis se pode dicir que non se dixera antes do partido da Copa Deputación que xogaron en Santa Isabel fai unhas semanas. 
Nese partido, o Compos firmou unha nova victoria clasificándose así para os cuartos de final da Copa que posteriormente gañaron os de Anxo Casalderrey con goles de Manuel Castiñeiras e Joselu, que loitará por ser o máximo goleador da categoría. E para este partido as cousas apenas cambiaron por sorte para o Compos, aínda que chegará de xogar só tres días antes en Ordes ante o Silva un bo partido que significou o segundo título da Esedé este ano. 
Na primeira xornada de Liga, o Compos non puido firmar unha victoria nos últimos cinco minutos co empate do Somozas a domicilio. Pola súa parte, o Dorneda chega despois de ser goleado polo As Pontes na casa. Sen embargo contan con Liñares, un dos máximos goleadores da categoría despois dunha xornada.
Pouco máis poderíase dicir pero o mellor é que falen os 22 xogadores sobre o terreo de xogo, o tapiz de San Lázaro. Será este domingo ás 18h e non pode faltar ninguén. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario