O mercado de fichaxes aínda está aberto e así puidemos comprobalo esta mesma mañá coa confirmación dunha nova baixa na Esedé. Outra baixa dolorosa xa que trátase dun dos xogadores máis queridos pola afección de San Lázaro. Déixanos Paco despois de dúas tempadas dando todo e máis por defender a camiseta da Esedé.
Lateral que defendeu a banda demostrando que podería xogar en Primeira división. Aos seus 22 anos ten toda a carreira por diante e seguro que poderá atopar un posto nun gran equipo en moi pouco tempo. Xogador que o deu todo polo Compos en cada partido deixándose todo e máis. Calidade non lle falta e implicación tampouco polo que o que o fiche non só se levará un gran xogador, levarase unha estrela.
Para arranxar algo o día, Gonzalo podería ser presentados nas próximas horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario