Dúas novidades na plantilla desta campaña, que fai unhas semanas dicían que estaba "pechada". Trátase do regreso de dous xogadores que xa formaron parte da Esedé ata 2010. Catú volta ao equipo no que se formou para ser, de novo, unha das estrelas do equipo. E Gonzalo retorna despois do seu paso polo Montañeros e o Pontevedra.
O defensa lateral de 21 anos Sergio González Quintáns 'Catú' volve despois de xogar no Celta B, Zamora e Oviedo, equipos polos que pasou despois de abandonar o Compos fai dúas tempadas xogando así en Segunda B. Retorna así ao equipo ao igual que Jimmy e Mariño, cos que xogou ata Segunda B.
E Gonzalo, centrocampista, tamén xogou en 2010 co Compos en Segunda B. O de Sada chegou a xogar 32 partidos na categoría de bronce do fútbol nacional anotando un gol contra o Lugo en toda a tempada.
Por contra abandonan o Compos Paco, como xa o sabíamos onte, e Pablo Vidal. Sen embargo, e como non se dixo onte, os dous saen cedidos unha tempada para voltar, esperemos ao Compos en Segunda B. A finalidade destas cesións baséase en facer que ambos xogadores collan minutos para voltar á Esedé con mellor nivel, se é que é posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario