O Compos terá que pisar este domingo terras da comarca de Ferrol para o primeiro partido de Liga da tempada 2012-13, unha tempada que promete ilusión, bo xogo, moitos goles, bos partidos e alegrías branquiazuis.
Para comezar, os nosos visitarán á UD Somozas. Equipo da metade da clasificación que non parece que vaia ser un rival a superar á hora de lograr o ascenso, a pasada campaña rematou no undécimo posto. Sen embargo este ano podería ser unha das revelacións da Terceira. O equipo, de 28 anos de historia, xogará a súa undécima tempada na categoría baixo o mando de Míchel Alonso, que mantense no cargo.
Para esta campaña, o Somozas conta con Denís e Edi como xogadores destacados. O dianteiro de Ferrol foi o máximo goleador do equipo con ata seis goles. Para o largo do ano, David Franch tamén podería ser un dos xogadores a seguir.
Pero para enfrontarse á Esedé, os da Ferrolterra non poderán contar con Rubén Gómez nin Emilio, baixas seguras e David Franch será dúbida ata o último momento. Pola súa parte, Anxo Casalderrey terá as baixas seguras de Tachi, Germán, Christian, Catú e Kolman e a dúbida ata última hora de Mariño, tamén mancado pero que podería chegar ao partido.
O inicio da Liga 2012-13 será este domingo ás 18h no campo de Pardiñas, con capacidade para 1.000 espectadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario