Este domingo poderemos asistir a unha final anticipada da Copa Deputación. Un partido entre os dous equipos que seguramente loitarán polo primeiro posto da clasificación en Terceira. Pero esto non se pode facer realidade nesta pretempada de non ser pola victoria, fácil, en Arteixo. Ademais os ferroláns priváronnos de ver un derbi santiagués contra o Grixoa na penúltima rolda da competición.
Xa antes do partido sabiamos que o Atlético Arteixo sería un rival fácil para o Compos se os branquiazuis facían o seu xogo. E así foi. En menos dun cuarto de hora chegou o primeiro gol da tarde, obra de David Nogueira tras un erro do gardameta local. Nese momento os locais perderon o partido xa que o Compos, por enriba no marcador, foi moi superior co paso dos minutos xogando co tempo sen por en perigo a victoria.
No segundo tempo a renta aumentou a favor dos nosos. Diego Peláez inaugurou o seu casilleiro, ao igual que Diego Nogueira, como xogador da Esedé e despois de errar no primeiro tempo nun un contra un contra o gardameta.
Entón o Compos puxo o freno de man e aínda así puideron aumentar as diferencias cun último gol a falta de algo máis de un cuarto de hora de partido por mediación de Jacobo Tato finiquitando definitivamente o partido e o pase a semifinais.
ALIÑACIÓN: Adrián; Borja Facal, Bautista (Jimmy, min. 68), Manu Castiñeiras, Rendo; Manu Rodríguez, Franqueira (Louro, min. 68), Jacobo; David Nogueira (Pablo Vidal, min. 73), Diego Peláez e Nejc Kolman.
CARTÓNS: -
GOLES: 0-1 13' David Nogueira, 0-2 61' Diego Peláez, 0-3 78' Jacobo.
ESTADIO: Ponte dos Brozos. 300 espectadores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario