Á Final!

O Compos estará presente na Final da Copa Deputación prevista para este mércores na que se verá as caras co Deportivo B, que derrotou ao Negreira. Gran partido, de novo, da Esedé e gol de Joselu, que segue cumprindo a súa misión cando fichou polo equipo. Manu Rodríguez destacou en defensa e Jimmy en ataque. 
Os branquiazuis saíron moito máis enchufados ao terreo de xogo pero con problemas á hora de finalizar as xogadas. Sen embargo á contra levou máis perigo o equipo racinguista logrando un gol sobrepasados os dez minutos, gol anulado por claro fóra de xogo. Por fortuna esa foi a ocasión máis clara dun Racing sen Manu Barreiro como baixa máis destacada. 
Manu Rodríguez, que fixo un partido perfecto en defensa intercambiando o seu posto con Borja Facal no primeiro tempo e Jimmy no segundo, tivo unha das mellores ocasiones da primeira metade para o Compos. Ademais Diego Peláez viu como un defensa ferrolán sacaba un balón baixo paus tras un disparo seu. 
Pero o segundo tempo foi moi diferente. No tempo de lecer Anxo animou aos xogadores a que foran a polo partido con máis intensidade e así foi. O Compos desde o primeiro minuto foi a polo partido. Xogo moi rápido e directo polas bandas pero que non obtivo o merecido premio ata case os vinte minutos tras a reanudación. O porteiro do Racing falla estrepitosamente coa fortuna de que por alí está Joselu que non dubida en irse del e marcar á porta baleira o primeiro e definitivo gol da tarde. 
As cousas non podían ir mellor aos nosos e melloraron co paso dos minutos. Control case total do Compos que terminou por desquiciar aos xogadores do Racing. Entón comezaron as broncas. Os problemas. E as tarxetas. Ata seis cartóns ensinou o colexiado nos últimos vinte minutos do partido, entre eles dous a David Nogueira supoñendo a súa expulsión tras só seis minutos sobre o terreo de xogo. 
O seguinte partido, onde temos que estar todos, será o mércores en campo neutral. Será a Final da Copa Deputación contra o Deportivo B. 

ALIÑACIÓN: Adrián; Borja, Jimmy, Manuel Castiñeiras, Germán, Mariño; Manu Rodríguez, Franqueira (Rendo, min. 73); Joselu (David Nogueira, min. 82), Diego Peláez (Jacobo Tato, min. 60) e Martín (Louro, min. 52). 
CARTÓNS: Amarelos para Manuel Castiñeiras, Borja, Mariño e Joselu. Expulsado David Nogueira por doble cartón. 
GOLES: 1-0 64' Joselu. 
ESTADIO: Santa Isabel. Boa entrada, 500 persoas aproximadamente. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario