A superioridade santiaguesa fíxose presente na primeira metade. Co balón e as ocasións, só faltaba o gol. Martín, xogador máis activo, puido poñer por diante ao Compos con dúas boas xogadas pero topándose sempre co gardameta local. Pola súa parte, os da Ferrolterra aproveitaron cada oportunidade que tiveron pero sen presentar moita oposición ante Adrián. Así que ao descanso chegamos sen goles.
Xa no segundo tempo, os dous equipos sairon mellor. Joselu foi o encargado de buscar a porta rival. Ata en dúas ocasións puido avisar aos locais do que cedo chegaría. Tan cedo como doce minutos. Iso é o que necesitou Martín para sacar a relucir a súa maxia. Unha das perlas da SD, para rematar un partido perfecto, sumou o gol que puido significar os tres primeiros puntos da tempada.
Co marcador a favor, o Compos mellorou ata o punto de ser superior claramente sobre o terreo de xogo. Sen embargo, a falta de cinco minutos, a sorpresa inesperada e desagradable chegou. Cando xa parecía que o Compos estaba moi preto de sumar os tres primeiros puntos, Berros tivo sorte cun centro que pegou nun defensa compostelanista e colouse.
Nos últimos minutos ningún puido desfacer o empate a pesar de intentalo ata o final.
ALIÑACIÓN: Adrián; Facal, Castiñeiras, Rendo, Bautista; Mariño, Manu Rodríguez, Peláez (Jacobo Tato, min. 61); Martín (Nogueira, min. 84), Franqueira (Louro, min. 75) e Joselu.
CARTÓNS: Amarelos para Mariño, Franqueira, Castiñeiras e Joselu.
GOLES: 1-0 57' Martín, 1-1 84' Berros.
ESTADIO: As Pardiñas. 550 espectadores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario