Hoxe gustaríame dedicarlle unha entrada a un dos xogadores que peor o está a pasar nestes momentos por motivo dunha lesión. Un xogador que foi o primeiro en chegar a San Lázaro para reformar esta plantilla que ten a misión de facernos soñar outra vez cun ascenso.
Procedente do Vilalonga, Tachi chegou para facer olvidar as numerosas baixas e gañarse un posto na gran defensa que ten a Esedé. Pero unha lesión está apartando ao xogador de Boiro dos terreos de xogo e todavía se descoñece o seu retorno.
Traballa para acabar cos problemas que lle prohiben facer o que máis lle gusta e xa puidemos velo antes de cada partido exercitándose en solitario para non malgastar nin un só minuto e poder volver canto antes.
Desde aquí quero mandar todos os meus apoios e ánimos e desexarlle unha pronta recuperación. Forza Tachi!
Ningún comentario:
Publicar un comentario